xoves, 30 de novembro de 2017

Dormitorio de palets

Nos levan encargados xa abondos cabezais para o dormitorio, pero hai que dicir que as mesas de noite son un moble pouco demandado. A nosa clienta Begoña tiña claro o tipo de dormitorio que quería para a súa casa e nos encargou un fermoso cabeceiro acompañado de dúas mesas a xogo, con dous caixóns cada unha. E aínda o fixo máis vistoso engadíndolle ela mesma unhas rodas ás mesas, e unhas tiras adhesivas de LED pola parte traseira do cabezal para dar ambiente... todo un acerto!!!

Nos llevan encargados ya bastantes cabeceros para el dormitorio, pero hay que decir que las mesas de noche son un mueble poco demandado. Nuestra clienta Begoña tenía claro el tipo de dormitorio que quería para su casa y nos encargó un hermoso cabecero acompañado de dos mesas a juego, con dos cajones cada una. Y aún lo hizo más vistoso añadiéndole ella misma unas ruedas a las mesas, y unas tiras adhesivas de LED por la parte trasera del cabezal para dar ambiente... todo un acierto!!!




Un dormitorio ben fermoso, para o que se elixiu un acabado color branco coa veta á vista, cun toque envellecido-vintage. O cabeceiro se fixo a medida en dúas pezas, aproveitando ó máximo o espacio dispoñible. Para as mesas de noite elixíronse uns tiradores de latón cun aire "retro", do estilo do dormitorio. E a desfrutar del moitos anos!!!

Un dormitorio muy hermoso, para el que se eligió un acabado color blanco con la veta a la vista, con un toque envejecido-vintage. El cabecero se hizo a medida en dos piezas, aprovechando al máximo el espacio disponible. Para las mesas de noche se eligieron unos tiradores de latón con un aire "retro", del estilo del dormitorio. Y a disfrutar de el muchos años!!!




Medidas cabezal: 170x120x7cm
Medidas mesas: 40x30x40cm
Precio dormitorio: 195€

A continuación, varias fotos antes de pintar.





Coma sempre, se vos gustou este dormitorio podedes encargarnos un totalmente personalizado enviándonos un correo electrónico ou deixándonos unha mensaxe no Facebook. Ata o próximo traballo!

Como siempre, si os gustó este dormitorio podéis encargarnos uno totalmente personalizado enviándonos un correo electrónico ó dejándonos un mensaje en el Facebook. Hasta el próximo trabajo!

xoves, 23 de novembro de 2017

Mesa de palets para sala de espera

As mesas de centro feitas con palets son un dos mobles máis representativos do mundo da reciclaxe: quedan estupendas en case calquera ambiente, son resistentes e económicas de facer. Esta en concreto que vos mostramos hoxe foi encargada por unhas rapazas pra colocala na sala de espera da súa futura clínica. Dende aquí esperamos que lles vaia moi ben co seu negocio... moita sorte!!!

Las mesas de centro hechas con palets son uno de los muebles más representativos del mundo del reciclaje: quedan estupendas en casi cualquier ambiente, son resistentes y económicas de hacer. Esta en concreto que os mostramos hoy ha sido encargada por unas chicas para colocarla en la sala de espera de su futura clínica. Desde aquí esperamos que les vaya muy bien con su negocio... mucha suerte!!!


Se fixo de dobre altura, con rodas e acabada en color branco e verniz acrílico.

Se hizo de doble altura, con ruedas y acabada en color blanco y barniz acrílico.


Perfecta pra dar un toque desenfadado á sala de espera, aparte de non desentoar o máis mínimo co resto do mobiliario.

Perfecta para dar un toque desenfadado a la sala de espera, aparte de no desentonar lo más mínimo con el resto do mobiliario.

Medidas: 120x80x35cm
Precio: 85€

Podedes encargarnos unha igual ou similar enviándonos un correo electrónico ou deixándonos unha mensaxe no Facebook. Ata o próximo traballo!!!

Podéis encargarnos una igual ó similar enviándonos un correo electrónico o dejándonos un mensaje en el Facebook. Hasta el próximo trabajo!!!

xoves, 16 de novembro de 2017

Mesa auxiliar para a cociña

Unha sinxela mesa auxiliar para a cociña, á vez que moi práctica e funcional. Construída totalmente a medida coas especificacións dadas polos seus futuros propietarios... así dá gusto traballar! :):):) Moitas gracias a Marta pola encarga e a darlle moito uso!!!


Consta de tres alturas e un pequeno caixón. O feito de estar tan separadas a primeira e a segunda balda responde á necesidade de colocar embaixo o contedor para o lixo. Como acabado se deixou o color natural da madeira protexido con abundante verniz acrílico.

Medidas: 46x31x90cm
Precio: 65€


Detalle do caixón, moi sinxelo, que emprega un recorte na madeira a modo de tirador.


A parte superior se fixo con madeira de 25mm de groso para que fose resistente, e poder traballar enriba dela sen complicacións.


Na parte inferior, ocultas da vista, se acoplaron dúas pequenas rodas para poder cambiala de lugar doadamente. E para que non se movera ó traballar nela, no outro lado colocáronse dúas patas fixas protexidas con feltro.

Se queres encargarnos unha igual ou similar envíanos un correo electrónico ou déixanos unha mensaxe no Facebook. Estaremos encantados de atenderte.

xoves, 26 de outubro de 2017

Barra de bar para salón con palets

Unha fermosa barra tipo bar para poñer no salón/comedor e facer as delicias dos nosos convidados. Isto foi o que decidiu que quería o noso bo amigo Alberto para a súa nova casa, e que por suposto agardamos que desfrute durante moitos anos!


Sobre todo nos gustou a curiosa forma da barra, non é a típica forma aburrida... e se fixo a medida totalmente desde cero pra lograr un acabado de gran calidade. Por dentro se incorporaron uns estantes pra gardar as botellas e as bebidas. Tamén se colocaron unhas rodas fora da vista pra podela mover doadamente, e con freo pra que non se mova do sitio. Unha vez rematada se pintou dunha cor escura-envellecida a xogo co resto dos mobles do salón-comedor.

Medidas:120x50x90cm
Precio: 195€


O propietario a dotou finalmente dunha encimera de madeira maciza e unhas banquetas a xogo. Un resultado espectacular!!!


Se queredes encargarnos unha igual ou similar non dubidedes en contactarnos polo noso correo electrónico ou polo Facebook. Saúdos e ata a próxima publicación!

martes, 10 de outubro de 2017

Un cabezal de cama natural con palets

Encántanos facer mobles reciclados de palets, pero aínda nos gusta máis que nos enviedes fotos con eles xa colocados nas vosas casas. Como esta sinxela cabeceira pra unha cama de 135cm, na que se deixou a cor natural da madeira protexida con un par de maos de verniz acrílico e que contribúe a resalta-la veta da madeira. Empregáronse táboas de distintos tipos e tons pra acadar un resultado aínda máis fermoso. Por suposto, agradecerlle a Helena polo encargo  e por enviarnos as fotos... que o desfrutedes moitos anos!!!



A madeira natural resalta espectacularmente neste dormitorio branco moi actual, e contribúe a rompe-la monotonía cromática, logrando un clima moi agradable nesta habitación que tamén fai as veces de estudio.

Medidas: 140x70cm
Precio: 65€ 
Gastos de envío: 16€



Animádevos a encargarnos cabeceiras e mesas de noite para os vosos dormitorios soñados. Con moita imaxinación e poucos cartos lograremos resultados espectaculares con estes mobles reciclados de palets, aparte de contribuír a facer este mundo no que vivimos máis verde e saudable. Para elo só tedes que enviarnos unha mensaxe ó noso correo electrónico ou polo Facebook. Estaremos encantados de atendervos e proporcionarvos unha solución á vosa medida.